InicioSociedadeO feminismo vigués convoca unha manifestación o 8M baixo o lema 'Fronte...

O feminismo vigués convoca unha manifestación o 8M baixo o lema ‘Fronte ao medo e o fascismo, a resistencia é feminismo’

A plataforma Resposta Feminista – As que miran lila, integrada por máis de 60 mulleres e colectivos, chama a saír ás rúas de Vigo este domingo ás 18.00 horas desde a Praza de España.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A plataforma Resposta Feminista – As que miran lila chamou a saír ás rúas de Vigo o vindeiro domingo, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, baixo o lema ‘Fronte ao medo e o fascismo, a resistencia é feminismo’. A organización feminista viguesa, integrada por máis de 60 mulleres e diversas entidades feministas da cidade, naceu coa vocación de impulsar mobilizacións unitarias do feminismo vigués e convocou unha manifestación que partirá ás 18.00 horas da Praza de España.

“Baixo o lema ‘Fronte ao medo e o fascismo, a resistencia é feminismo’ percorreremos as rúas de Vigo coa firmeza que nos dá saber que o feminismo foi, e será, a única opción de supervivencia fronte ao fascismo”, reivindicou a plataforma. As organizadoras advertiron ademais de que non permitirán retrocesos nos dereitos conquistados e denunciaron “a violencia dos poderes racistas e imperialistas que están a percorrer o planeta”.

Resposta Feminista defendeu un feminismo antifascista, antirracista, anticolonial e pacifista, que poña a vida no centro, aposte por servizos públicos fortes, condicións laborais dignas e un recoñecemento real dos coidados. “Rexeitamos os discursos racistas que só sementan medo e sinalan ás persoas migrantes como inimigas”, sinalaron, ao tempo que advertiron de que tampouco aceptarán “discursos de odio que banalizan a violencia machista ou as discriminacións e persecucións que sofre o colectivo LGTBIQA+”.

ÚLTIMAS

Veciños do centro de Vigo piden trasladar a acampada pola vivenda para protexer a Alameda

Veciños do centro de Vigo defenderon este mércores a necesidade de primar a protección...

Vigo homenaxeará a Baena e Sánchez-Bravo, últimos fusilados polo franquismo: “Despois de décadas de loita, imos vendo a luz”

O Concello de Vigo homenaxeará a Xosé Humberto Baena e José Luis Sánchez-Bravo, dous...

A UVigo levará a ciencia á rúa cunha cita rápida entre investigadores e un foro sobre os incendios

A Universidade de Vigo quere sacar a ciencia dos laboratorios e levala á rúa...

Caballero insiste en que Concello e Zona Franca fan máis vivenda en Vigo que a programada pola Xunta

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este mércores a visita realizada polo presidente...