InicioSociedadeVigo humanizará os accesos á ermida da Guía

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos á ermida da Guía, en Teis, por 638.000 euros, segundo anunciou o alcalde, Abel Caballero, nun audio enviado aos medios de comunicación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos á ermida da Guía, no barrio de Teis, por un importe de 638.000 euros. Segundo anunciou o alcalde, Abel Caballero, a través dun audio enviado aos medios, o obxectivo principal desta actuación é lograr unha recuperación e mellora do espazo urbano no acceso á capela, “potenciando o espazo do peón fronte ao do coche” nunha das contornas máis emblemáticas da cidade.

Os traballos desenvolveranse nunha zona de 200 metros de lonxitude, afectando a unha superficie total de máis de 3.000 metros cadrados. O proxecto contempla a demolición da antiga cafetaría e o acondicionamento do camiño de acceso á mesma, así como a redistribución do viario e a renovación integral do pavimento e da iluminación pública. Caballero cualificou esta obra de “importantísima” e estimou que os traballos terán un prazo de execución de aproximadamente cinco meses.

ÚLTIMAS

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...

UXT ve “desproporcionada” a sanción a unha vixiante do Cunqueiro de Vigo por darlle unha labazada a un paciente agresivo

A Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo de UXT (FeSMC-UXT) cualificou como "desproporcionada" a...

Alertan do aumento dos discursos de odio cara as persoas sen fogar en Vigo

A Fundación Érguete-Integración alertou este venres do aumento da aporofobia en Vigo e reclamou...