InicioMovementos SociaisVídeo: Colectivos sociais de Vigo cantan panxoliñas en contra das luces de...

Vídeo: Colectivos sociais de Vigo cantan panxoliñas en contra das luces de Nadal

Na súa canción, tildan ao concello vigués de 'capitalista liberal'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As decisións do alcalde de Vigo, Abel Caballero, contan con moitos defensores pero tamén algúns detractores. Así, na tarde deste venres apareceron un Dinoseto e un Caballero ‘cabezudo’, nunha xuntanza programa desde a ‘Asamblea por un Vigo máis social’.

 

Os asistentes cantaban como estribillo principal “pero mira que política máis boa fan en Vigo, pero mira que política máis boa fai o noso amigo, cobran e cobran e volven a cobrar, as tropas deste capitalista liberal”.

Panxoliñas por un Vigo máis social/ Miguel Núñez

Outros versos son “para entrar ao castelo, as escaleiras suben soas, xa non tes que camiñar para pedirlles esmola”. Ata chegaron a criticar o traballo da división GOA (Grupo Operativo de Apoio) da Policía: “Á xente que máis amola a van buscar os da GOA”.

Panxoliñas por un Vigo máis social/ Miguel Núñez

Sen embargo, a niveis económicos e de afluencia de xente, o rexedor vigués apuntouse un tanto co bo funcionamento da ‘campaña’ das luces, que están a encher ata os topes as rúas da cidade.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...