InicioSociedadeO padroado do Ifevi aproba o prego para deseñar o seu futuro...

O padroado do Ifevi aproba o prego para deseñar o seu futuro plan estratéxico

O conselleiro José González presidiu a reunión na que se acordou por unanimidade licitar a asistencia técnica para orientar o desenvolvemento e a eficiencia do recinto feiral.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O padroado do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) aprobou este xoves por unanimidade, nunha reunión presidida polo conselleiro José González, o prego técnico para a contratación da asistencia técnica que elaborará os plans funcional e estratéxico do recinto. Proximamente, lanzarase a licitación co fin de deseñar no menor prazo posible estas ferramentas “clave para orientar o desenvolvemento futuro do complexo, con criterios de planificación, eficiencia e visión a longo prazo”.

A reunión tivo lugar tras os encontros celebrados no marco do grupo de traballo creado para potenciar o Ifevi, no que se puxeron en común as principais necesidades e liñas de actuación. Entre estas prioridades inclúense as melloras operativas, cuestións críticas relacionadas cos accesos e o aparcadoiro, así como a reordenación de espazos. A Xunta subliñou que “a tarefa principal é avanzar con axilidade e rigor técnico para que o Ifevi poida dispor canto antes dunha folla de ruta sólida en beneficio de Vigo e da súa área de influencia”.

No devandito grupo de traballo participan representantes da propia Xunta, o Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra, a Confederación de Empresarios de Pontevedra, a Cámara de Comercio, a Mancomunidade de Vigo, a Zona Franca, e feiras de referencia como Conxemar, Navalia e o Salón do Automóbil.

NOVA VALORACIÓN DO RECINTO

Na xuntanza tamén se abordou o proceso de elaboración dunha nova valoración homologada do recinto, que xa está en marcha baixo a premisa de que este estudo “non supoña frear nin atrasar os traballos que xa están en marcha”. Trátase dunha tarefa que avanza en paralelo ao grupo de traballo co obxectivo de “reforzar a transparencia e a confianza institucional”.

Este acordo, segundo indicou o goberno autonómico, é un reflexo da “man tendida” ao Concello de Vigo e á Zona Franca. A Xunta reafirmou así a súa aposta pola implantación dun modelo de gobernanza baseado nun sistema tripartito de toma de decisións por unanimidade entre as tres entidades para garantir a estabilidade do complexo feiral.

ÚLTIMAS

Zendal organiza no Porriño un encontro internacional sobre os desafíos da inmunización e a saúde global

A compañía biotecnolóxica Zendal organizará este venres, 24 de abril, nas súas instalacións do...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...