InicioPolíticaCaballero reúnese con Sánchez para modificar o teito de gasto dos concellos:...

Caballero reúnese con Sánchez para modificar o teito de gasto dos concellos: “Queremos investir en política social”

O presidente da FEMP e acalde de Vigo cualifica de "extraordinario" o seu encontro co presidente do Goberno.

PUBLICADO O

- Advertisement -

“É a primeira vez que un Presidente do Goberno recibe na súa rolda de contactos cos Presidentes Autonómicos ao Presidente da FEMP”. Así o sinalou esta mañá o máximo responsable da FEMP, Abel Caballero, tras a súa reunión co Xefe do Executivo, Pedro Sánchez, un encontro celebrado no Palacio da Moncloa cuxo resultado foi cualificado de “extraordinario” polo propio Caballero.

Ao seu xuízo, significa que o Presidente recoñece aos Gobernos Locais o status de Estado, “porque somos Estado”, e mostra o compromiso municipalista de Sánchez que “si está a apostar polos Concellos e as Deputacións”.

Segundo explicou o tamén Alcalde de Vigo, Pedro Sánchez viu con bos ollos a proposta formulada pola FEMP destinada á modificación do teito de gasto, na que se considere o orzamento inicial e non o orzamento liquidado, “un sistema irracional”, subliñou Caballero, “que prima o gasto en lugar do aforro”. En materia de superávit, anticipou que “este ano, os Gobernos Locais volveremos ter o 0,5% do PIB de superávit, e queremos que sexa empregado nas nosas cidades”.

Á proposta, o Presidente do Goberno aclarou que este extremo queda garantido en Orzamentos. E que tamén se avanzará na utilización dese superávit en cuestións como construír escolas infantís, bibliotecas, vivendas sociais, puntos de recarga para vehículos eléctricos…

Caballero incidiu en que desde a FEMP se aposta por un habano máis amplo de investimentos: “Podemos e queremos usalo en gastos sociais imprescindibles”, e explicou que “aínda estamos en tempo de política social. Os cidadáns queren política social desde os Concellos, e debemos facelo”.

Caballero lembrou, ademais que os Gobernos Locais contan con 25.000 millóns de remanentes líquidos de tesourería que agora están nos bancos e “que queremos utilizar nas nosas cidades. Pedímoslle ao Goberno que nos permita usar o 20% dese diñeiro”.

Outra das propostas formuladas ao Presidente do Goberno, e acollida por este con “bos ollos” foi permitir que o investimento europeo flúa aos Concellos porque, segundo asegurou Caballero, “nós garantimos a utilización deses fondos” e, ademais, “temos unha visión moi certeira das necesidades”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...