InicioSociedadeSanidade garante a atención aos usuarios de Povisa e abre unha investigación...

Sanidade garante a atención aos usuarios de Povisa e abre unha investigación polas denuncias de falta de médicos

O conselleiro Antonio Caamaño asegura que a asistencia sanitaria está garantida no hospital vigués e anuncia mecanismos de control incluídos no concerto co Sergas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade reiterou este venres que os usuarios do hospital vigués Hospital Ribera Povisa, centro con concerto co Servizo Galego de Saúde, teñen garantida a asistencia sanitaria. A administración autonómica confirmou tamén a apertura dunha investigación tras as denuncias feitas por unha suposta falta de médicos no centro.

Así o trasladou o titular do departamento, Antonio Caamaño, en declaracións aos medios realizadas en Lugo. Segundo indicou, “as garantías sanitarias dos usuarios están plenamente aseguradas na atención que se presta no hospital Ribeira Povisa de Vigo“.
INVESTIGACIÓN E CONTROL DA ACTIVIDADE ASISTENCIAL

O conselleiro explicou que a Consellería de Sanidade activou unha investigación para analizar tanto as circunstancias como o alcance das incidencias denunciadas. No marco deste proceso, lembrou que o acordo de concerto subscrito co hospital inclúe a creación dunha unidade de control de xestión, destinada a supervisar a actividade asistencial e a calidade do servizo que se ofrece ás persoas usuarias.

Caamaño insistiu en que, malia a situación actual que motivou as queixas, a atención sanitaria aos pacientes está asegurada, e subliñou o compromiso da administración autonómica coa seguridade e a calidade do sistema público de saúde en Galicia.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...