InicioSociedadeDolores Galovart, Valedora da Cidadanía de Vigo, incorpórase ao padroado da Fundación...

Dolores Galovart, Valedora da Cidadanía de Vigo, incorpórase ao padroado da Fundación Érguete-Integración

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Érguete-Integración incorporou ao seu padroado á maxistrada xubilada Dolores Galovart, Valedora da Cidadanía de Vigo, da que destacou a súa “sólida traxectoria na defensa das persoas máis vulnerables e na promoción dos dereitos da cidadanía“.

A Fundación destacou que a entrada de Galovar no padroado “vén reforzar o compromiso da Fundación coa defensa dos dereitos e a acción social transformadora, e supón un recoñecemento ao traballo desenvolvido pola entidade ao longo de máis de 26 anos acompañando a persoas en risco ou situación de exclusión nos seus procesos de mellora social, laboral e de vida”.

Así, a actual Valedora intégrase como vogal no órgano, que está presidido por Rubén Cagiao Avendaño e do que forman parte Manuel Cisneros Rodríguez (vicepresidente), Antía Cisneros Galovart (secretaria), Juan A. González Pérez (tesoureiro) e Carmen Avendaño Otero, presidenta de honra e fundadora da entidade en 1999.

ÚLTIMAS

“Vigo inventou o Nadal do século XXI”: así se presenta a cidade en Fitur

O Concello de Vigo presentou este xoves o seu proxecto turístico na Feira Internacional...

A concelleira de Seguridade de Vigo, citada como investigada polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O Tribunal de Instancia, na súa sección de Instrución de Vigo, citou a declarar...

De tesouro agochado a capital mundial do Nadal: como Vigo creou a súa propia marca

Hai cidades que teñen un icono. París ten a Torre Eiffel. Nova York, a...

Un arrastreiro con base en Vigo localiza o cadáver dun home mentres faenaba en augas da Arxentina

Un arrastreiro con pavillón español e porto base en Vigo localizou o cadáver dun...