InicioMedio Ambiente e PatrimonioLuz verde ambiental a un campamento de turismo na contorna do Pazo...

Luz verde ambiental a un campamento de turismo na contorna do Pazo de Cea, en Nigrán

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta deu luz verde ambiental ao proxecto para construír un campamento de turismo na contorna do Pazo de Cea, no concello pontevedrés de Nigrán. Segundo indicou o Executivo galego nun comunicado, o obxectivo do promotor é crear un novo establecemento hostaleiro no municipio con 25 cabanas de madeira.

O informe de impacto ambiental (IIA), emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, non son previsibles efectos adversos significativos sobre a contorna derivados do proxecto, sempre que cumpran os condicionantes fixados tanto no documento ambiental, nos informes analizados e no programa de vixilancia ambiental deseñado.

O informe, continuou a Xunta, foi realizado no marco do procedemento de avaliación de impacto ambiental simplificado desta iniciativa e a documentación presentada foi sometida a participación pública e tamén foron consultados 10 organismos interesados. Tras esas consultas, as entidades fixeron a súa valoración e fixaron condicionantes que se suman aos incluídos no programa de vixilancia ambiental que recolle a resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade.

As avaliacións consideran que o proxecto “non vai ter impactos significativos” nos diferentes ámbitos analizados e que sería viable a súa posta en marcha sempre que se cumpra cos condicionantes establecidos e os seus respectivos informes. Os mesmos teñen relación con aspectos como a protección da atmosfera, poboación e saúde, augas e leitos fluviais, chan e infraestruturas, xestión de residuos, da integración paisaxística e restauración, así como do patrimonio natural e cultural.

Despois de ser emitido o IIA, que non exime ao promotor do deber de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que resulten legalmente esixibles para poder desenvolver o proxecto, remítese a resolución ao órgano substantivo e será publicado co correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

En canto ao proxecto, promovido por Organiza Nigrán, SL, busca implantar un novo campamento de turismo con 25 cabanas de madeira para aloxamento nunha parcela de preto de 23.000 metros cadrados. A superficie construída será de máis de 1.600 metros cadrados. Ademais dos volumes de habitacións, para o desenvolvemento do proxecto será necesaria a creación dunha zona de recepción de hóspedes, así como unha área de aparcadoiro e camiños peonís que conecten as cabanas. Os elementos edificados serán independentes e illados para permitir o crecemento e desenvolvemento de árbores e integrarse na paisaxe.

ÚLTIMAS

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...