InicioCulturaAfundación anuncia o programa dunha nova tempada de música clásica

Afundación anuncia o programa dunha nova tempada de música clásica

PUBLICADO O

- Advertisement -

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta unha nova Tempada de Música Clásica, que se desenvolverá entre os meses de febreiro e maio en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Vigo.

Inclúe seis concertos a cargo da Real Filharmonía de Galicia, e as actuacións de Vox Stellae Ensemble e o Dúo Ara con West Side Story. Os abonos veñen de saír á venda este martes 18 de decembro e estarán dispoñibles ata o 16 de xaneiro de 2019 na web Ataquilla. com ou no teléfono 902 504 500.

Ademais do aforro que supón o abono, un 20% con respecto aos prezos dos billetes individuais, a Obra Social de ABANCA conta cunha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que comporta unha rebaixa adicional dun 10% no prezo dos abonos.

Todos os recitais incluídos na Tempada de Música Clásica terán lugar no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) ás 20.00 horas. Abrirá esta tempada a Real Filharmonía de Galicia o mércores 6 de febreiro baixo a batuta de Paul Daniel.

A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá cinco concertos máis os días 27 de febreiro, dirixida por Jonathan Webb; 15 de marzo, con Baldur Brönnimann á batuta; 4 de abril, dirixida novamente por Paul Daniel; o 26 de abril dirixiraa Eun Sun Kim e o 9 de maio Wayne Marshall.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...