InicioSociedadeAbel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O rexedor olívico reivindica "o mellor ano da historia" para a cidade, destacando a débeda cero e as contas marca para 2026 mentres arrecia as súas críticas contra a Xunta e Amazon.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como “o mellor ano da historia” para a cidade, reivindicando que a urbe olívica “está no mapa como nunca antes”. En ata 15 audios enviados aos medios de comunicación —un por cada área de goberno— o rexedor subliñou que o 2025 estará sempre marcado para Vigo pola súa “débeda cero” e pola aprobación duns orzamentos marca para o vindeiro exercicio. “A cidade vive unha marcha da economía excepcional, con avances notables na creación de emprego, nas humanizacións, no medio ambiente e na construción do Vigo Vertical“, declarou.

Entre os fitos do ano, Caballero salientou a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), unha ferramenta que definiu como “clave” para transformar Vigo nun modelo de cidade verde e dotacional, blindada contra a especulación. Este plan, xunto coas obras de mobilidade mecánica, constitúen o eixe central da súa estratexia para consolidar o crecemento da cidade e mellorar a calidade de vida dos veciños nas distintas parroquias e barrios.

O alcalde aproveitou o balance para cargar de novo contra a Xunta de Galicia, lamentando que o Goberno galego “non dedica practicamente nin un euro” a fomentar o comercio local en Vigo. Segundo Caballero, o comercio de proximidade enfróntase a dous “adversarios” principais: a falta de apoio da administración autonómica e a competencia de Amazon. Sobre esta última, sinalou que se trata dunha “dinámica nova á que hai que facerlle fronte” para protexer o tecido empresarial da cidade.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...