InicioSociedadeVigo limita o horario da nora de Nadal por incumprir a normativa...

Vigo limita o horario da nora de Nadal por incumprir a normativa acústica

O Concello ordena o peche ás 22.00 horas tras detectar excesos de ruído a partir desa franxa horaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo ordenou limitar ata as 22.00 horas o funcionamento da nora colocada no centro durante Nadal ao constatar incumprimentos da normativa de ruído a partir dese momento.

Segundo expón nun comunicado, a administración local trasladou esta orde á concesionaria tras recibir un informe técnico da empresa Sonen. Aínda que se dan por cumpridos os Obxectivos de Calidade Acústica (OCA) durante o resto do día, apréciase un incumprimento a partir das 22.00 horas.

Por este motivo, o Concello fixou esta como a nova hora de peche de luns a domingo, o que reduce o seu horario entre media hora e dúas horas e media, en función do día da semana.

Con todo, esta decisión non vai en prexuízo de que a empresa titular da atracción presente un proxecto técnico que acredite a adopción das medidas correctoras para, desta forma, garantir o cumprimento dos OCA conforma ao prego de cláusula e a ordenanza de ruídos.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...