InicioSociedadeBloqueado en Vigo un buque ruso que transportaba peixe sancionado pola UE

Bloqueado en Vigo un buque ruso que transportaba peixe sancionado pola UE

Facenda lembra que só podería acceder por motivos de seguridade, algo que non se deu neste caso.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Ministerio de Facenda prohibiu atracar na a ría de Vigo a un buque arrastreiro ruso con peixe afectado polas sancións europeas, que pretendía chegar á costa galega este venres. Segundo fontes da Dirección Xeral da Mariña Mercante consultadas por Europa Press, o barco, denominado ‘Novaya Zemlya’, ten bandeira rusa pero adoita descargar en Vigo alimentos exentos de sancións.

Con todo, nesta ocasión Aduanas impediu a súa descarga debido a transportar gallineta irlandesa, un peixe que si está prohibido na actualidade para barcos rusos, polo que se lle impediu o acceso a porto.

Desde a Mariña Mercante reivindicaron que se o buque solicitase abrigo por motivos de seguridade, si podería acceder, “pero non é o caso”, apuntaron. Anteriormente denominado ‘Praia de Arneles’, o barco posuía bandeira española ata 2007. Na actualidade pertence a un armador ruso participado por un grupo galego.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...