InicioSucesosA Policía Nacional atrapa un home tras unha tentativa de roubo con...

A Policía Nacional atrapa un home tras unha tentativa de roubo con intimidación en Vigo

O ladrón entrou forzando unha caseta e atacou o vixiante antes de emprender a fuga.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional de Vigo detiveron a un home como suposto autor dunha tentativa de roubo con violencia e intimidación, tras ser sorprendido no interior dunha das casetas do mercadillo do Nadal da Alameda.

Segundo informaron fontes policiais, o sospeitoso logrou entrar na caseta tras forzar a porta de acceso, pero foi sorprendido por un dos vixiantes de seguridade que se atopaba de servizo. Este traballador conseguiu retelo ata a chegada da Policía.

Precisamente, cando chegaron os axentes, o presunto ladrón emprendera a fuxida, correndo entre as casetas da praza, despois de zafarse do vixiante golpeándolle cunha barra metálica. Con todo, finalmente os policías conseguiron darlle alcance e detelo. O home foi posto posto a disposición xudicial.

Desde a Comisaría de Vigo puxeron en valor a colaboración dos vixiantes de seguridade privada, que é “un alicerce esencial para garantir a seguridade cidadá e protexer os espazos públicos”. Neste caso, o traballador actuou rapidamente e permitiu a detención do sospeitoso.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...