InicioSociedadePreocupación pola situación sanitaria en Vigo: folgas, dimisións, Povisa en risco...

Preocupación pola situación sanitaria en Vigo: folgas, dimisións, Povisa en risco…

Abel Caballero vén de reunirse cos traballadores en folga dos Puntos de Atención Continuada para mostrarlles o seu apoio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O rexedor vigués, Abel Caballero, reuniuse este venres cos traballadores en folga dos Puntos de Atención Continuada (PAC) e amosoulles o seu apoio, dado que atravesan, segundo lle relataron, unha situación “insostible” polo que reclaman “atención á Xunta de Galicia e máis dotación profesional para facer o seu traballo como corresponde”.

No encontro mantido este venres co alcalde, os médicos do Punto de Atención Continuada de Vigo expuxeron que son 15 traballadores, unha cifra “insuficiente” que impide conceder as peticións de conciliación familiar ou reducións de xornada laboral por fillos a cargo, e que produce un “sobreesforzo” ao tentar manter a calidade da asistencia.

O persoal sanitario advirte que a situación empeorará pola xubilación de 35 médicos en Atención Primaria este ano 2018 “o que vai derivar en maior presión sobre os PAC”. Así, os médicos relataron que atravesan unha “situación límite, con pouco persoal e unha inmensa sobrecarga de traballo”.

Abel Caballero manifestou que a preocupación na cidade aumenta “a medida que imos coñecendo os datos reais da situación sanitaria” co PAC e os centros de saúde con dificultades extraordinarias, chegando a provocar a dimisión dos responsables de practicamente todos os centros, as dificultades con POVISA “que non acaba de atender a Xunta” ou as deficiencias do Álvaro Cunqueiro que fai pagar aos usuarios polas visitas. “Bótase de menos”, apuntou, o “Plan de Mellora de Atención Primaria de Emilio Pérez Touriño que paralizou a Xunta de Feijóo”.

ÚLTIMAS

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...