InicioSociedadeCaballero estala contra a Xunta: acusa a Rueda de "mentir" para frear...

Caballero estala contra a Xunta: acusa a Rueda de “mentir” para frear a Facultade de Medicina en Vigo

O alcalde carga tamén contra o conselleiro Román Rodríguez por "ameazar" coa falta de recursos e reivindica que Vigo pode acoller un Grao con 150 alumnos: "A cidade decidirá por si mesma, aínda que vostedes xa non estean gobernando".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este martes novamente contra a Xunta, e acusou ao presidente, Alfonso Rueda, e ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, de recorrer a “mentiras” e “ameazas” para que a cidade olívica non poida ter Facultade de Medicina. Nunhas declaracións remitidas aos medios, o rexedor tachou de “simplezas” e “ameazas” as palabras de ambos os responsables autonómicos. Así, afeou a Rueda que expoña a disxuntiva entre unha facultade grande e tres pequenas, e lembrou que o Grao de Medicina na USC ten 410 estudantes en primeiro curso. Caballero lembrou que hai Facultades de Medicina en España con menos alumnos en primeiro, como a Autónoma de Madrid (260), a de Oviedo (165), a de Salamanca (207) ou a de Navarra (70); e mesmo no estranxeiro, como Stanford (90 prazas), Oxford (150) ou Harvard (165).

O alcalde defendeu que as facultades de Medicina teñen que ter entre 100 e 200 alumnos en primeiro, e advertiu de que Vigo “podería ter facilmente 150 estudantes no curso primeiro”. Para Caballero, Rueda “está a mentir” e insistiu en que a cidade podería ter un Grao de Medicina “de altísima calidade profesional” pero “Rueda non quere que Vigo teña facultade de Medicina”. Por outra banda, acusou a Román Rodríguez (que advertiu de que non haberá máis prazas nin máis recursos para repartir) de “ameazar”. “Si hai diñeiro ou non decídeo a xente, e si hai facultade ou non de Medicina en Vigo decídeo a xente (…) porque se cadra, cando apareza esta facultade, xa non están vostedes gobernando, cuestión que, altamente probable, vai suceder”, proclamou, e engadiu: “Vigo decide por si mesma”.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...