InicioPolíticaCaballero, o alcalde mellor pagado de Galicia en 2024

Caballero, o alcalde mellor pagado de Galicia en 2024

Mentres Ourense e outros 35 concellos non informan dos salarios dos seus rexedores, o vigués encabeza o ránking con máis de 78.000 euros anuais, seguido por A Coruña, Santiago e Lugo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cidade de Ourense e outros 35 concellos de menor tamaño en Galicia non remitiron ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública a información sobre o soldo dos seus alcaldes. Así se desprende dos datos da estatística sobre Información Salarial de Postos da Administración (ISPA) publicada polo departamento estatal con datos de 2024.

En concreto, a cidade de Ourense, con Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensana) como alcalde e con máis de 100.000 habitantes, é o único municipio de gran tamaño en Galicia que non remite os datos. E é que, só cinco dos restantes 35 consistorios que figuran na estatística sen remitir os datos teñen máis de 10.000 habitantes: Cambre (24.781), Moaña (19.351), Verín (13.798), Vilalba (13.787) e Salvaterra de Miño (10.471).

Pola súa banda, outros cinco teñen entre 10.000 e 5.000 habitantes: Burela (9.547), Valdoviño (6.852), Ares (6.156), Ponteceso (5.318) e Ribadumia (5.212). Os restantes 25 son pequenos concellos de menos de 5.000 veciños: Amoeiro, Begonte, Carballeda de Valdeorras, Catro Caldelas, Catoira, Chandrexa de Queixa, Cortegada, Dozón, Friol, Guntín, Melón, A Mezquita, Paderne de Allariz, Palas de Rei, A Peroxa, Ribas de Sil, A Rúa, Sarreaus, Taboada, Taboadela, Trasmirás, O Valadouro, Vila de Cruces, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.

O DE VIGO, O REXEDOR QUE MÁIS COBRA 

Segundo os datos do Informe, os alcaldes de varias das cidades galegas son os que maior soldo perciben, sendo o Vigo, Abel Caballero, con 78.206 euros en todo o 2024, o mellor retribuido. Séguenlle de preto a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, con 77.531,72 euros; e Lugo, Miguel Fernández, con 75.773,74 euros.

Sitúanse por enriba dos 60.000 euros os rexedores doutros municipios galegos, como a de Marín, María Ramallo, que percibiu 65.296 euros en 2024; o de Arteixo, Carlos Calvelo, que cobra un salario de 55.048,48 euros; e o de Oleiros, con 63.239,96, Ángel García Seoane. Ademais, aínda que hai un erro na contía que figura no documento como soldo da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, tal e como comprobou Europa Press, o salario da rexedora compostelá situouse nuns 66.288 euros en 2024.

ÚLTIMAS

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

Detidas dúas mulleres en Redondela tras ser interceptadas nun coche roubado

Axentes da Policía Local de Redondela e da Policía Nacional detiveron a pasada madrugada...

SOS Sanidade Pública sinala ao Álvaro Cunqueiro como a “zona cero” dos recortes

A plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo animou este venres a participar na manifestación...