InicioSociedadeSeis meses para o octoxenario que se tocou os xenitais diante dunha...

Seis meses para o octoxenario que se tocou os xenitais diante dunha menor en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 81 anos de idade aceptou unha pena de seis meses de cárcere como autor dun delito de exhibicionismo por tocarse os xenitais diante dunha menor cando ambos viaxan nun bus urbano da cidade de Vigo.

Así, o home recoñeceu os feitos e aceptou a pena nunha vista de conformidade levada a cabo no Xulgado do Penal número 2 de Vigo, que lle impuxo tamén o pago de 300 euros á menor por danos morais. Ademais, o octoxenario non poderá achegarse a menos de 200 metros da vítima durante 2 anos nin desenvolver profesión ou oficio que leve contacto regular con menores nos próximos 3 anos. A pesar de todo, o home non ingresará en prisión se non delinque durante 2 anos.

Os feitos ocorreron na tarde do 23 de novembro de 2023, cando o acusado viaxaba no bus sentado diante da nena, de 14 anos. Mentres trataba de taparse cun maletín de ordenador para non ser visto polo resto de pasaxeiros, comezou a tocarse os xenitais por encima da roupa, á vez que “miraba fixamente para a nena, achegándolle os seus pés, chegando a rozarlle as pernas”.

Por estes feitos, o ministerio público pedía ata 9 meses de cárcere e prohibirlle viaxar en bus urbano durante dous anos. Finalmente, a pena foi de 6 meses e si poderá usar o autobús.

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...