InicioSucesosBuscan a unha muller de 55 anos desaparecida o pasado sábado en...

Buscan a unha muller de 55 anos desaparecida o pasado sábado en Vigo

Os servizos de emerxencia piden que calquera información se comunique ao número de SOS Desaparecidos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os servizos de emerxencia están a buscar a María L.S.X., unha muller de 55 anos de idade, desaparecida desde o pasado sábado, día 15 de novembro, na cidade de Vigo.

A asociación SOS Desaparecidos emitiu unha alerta coa descrición da muller. María L.S.X. é de complexión delgada e ten unha estatura de 1,57 metros. Como sinais distintivos, o seu cabelo é negro con matices vermellos e os seus ollos son verdes azulados.

A familia e as autoridades solicitan a colaboración cidadá para localizala. Por iso, piden que se alguén ten algún dato do seu paradoiro, que se poñan en contacto co número 868 286 726 ou que envíen un correo electrónico a ‘info@sosdesaparecidos.es’.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...