InicioSucesosPrisión provisional para a muller detida polo homicidio dun home sen fogar...

Prisión provisional para a muller detida polo homicidio dun home sen fogar na antiga estación de autobuses de Vigo

A investigada, que pasou este sábado a disposición xudicial, está acusada de apuñalar a un home de 56 anos que tamén pernoctaba no recinto, onde a convivencia entre persoas sen fogar é descrita como cada vez máis precaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A muller detida como presunta autora da morte dun home acoitelado na tarde do pasado xoves na antiga estación de autobuses de vigo foi enviada a prisión provisional, comunicada e sen fianza. Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a maxistrada do Xulgado de Instrución número 5 de Vigo acordou o ingreso en prisión da muller, investigada por homicidio.

A acusada foi posta este sábado a disposición xudicial tras ser detida o pasado xoves despois da morte dun home, Roberto C.C. de 56 anos de idade, que faleceu apuñalado na antiga estación de autobuses da Avenida de Madrid, onde pasan a noite habitualmente pasan a noite persoas sen fogar.

Tal como informaron fontes da Policía Nacional, os feitos ocorrerían pouco antes das 19.00 horas, cando un home foi apuñalado supostamente pola muller. Ata o punto desprazouse a policía científica e xudicial, que investigan os feitos. Tamén dúas ambulancias de soporte vital básico e avanzado do 061 que, a pesar de realizarlle manobras de reanimación cardiopulmonar, non puideron facer máis que confirmar a morte do home.

Segundo confirmaron fontes da investigación, tanto o falecido como a muller detida son persoas sen fogar que adoitan pasar a noite nesta antiga estación de autobuses. Veciños e familiares da vítima que se desprazaron ao momento lamentaron o ocorrido, asegurando que o home levaba vivindo en zona máis de medio ano, mentres que o seu presenta agresora, que non alcanzaba os 40 anos segundo indicaron, só un mes.

ÚLTIMAS

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...