InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

As autoridades rebaixan os niveis de alerta e manteñen a vixilancia preventiva nas zonas costeiras.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto de Vigo deron por concluída a limpeza dos restos de aceite de palma vertidos na ría. Ambas administracións rebaixaron os seus plans de emerxencia, coa Autoridade Portuaria desescalando o Plan Interior Marítimo á Fase 1, e prevendo alcanzar a Fase 0 nos próximos días. Pola súa banda, o plan CAMGAL da Xunta descende de Fase 1 a fase de alerta.

O operativo permitiu recoller todos os restos detectados nas dársenas do estaleiro San Enrique e limpar o peirao de Areal e as súas canalizacións. En terra, persoal do Porto e de Gardacostas continuará a vixilancia nas praias, con cuadrillas preparadas para actuar de inmediato se aparecesen novos residuos.

O temporal dos últimos días provocou a chegada de restos a praias de Moaña, que foron recollidos por persoal da Policía Portuaria e de Tragsa. O material está agora en mans dun xestor autorizado, que avalía o seu tratamento. Segundo a Xunta e o Porto, o aceite —unha graxa vexetal destinada á elaboración de pensos— non é soluble en auga nin deixa danos ambientais. O presidente portuario, Carlos Botana, agradeceu o esforzo dos equipos e a colaboración cidadá “desde o minuto 1”.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...