InicioVigo e contornaVigoO BNG presenta case 200 enmendas para os orzamentos de Vigo de...

O BNG presenta case 200 enmendas para os orzamentos de Vigo de 2026

Tal como reivindicou, o Bloque elaborou estas alternativas a través dun proceso participativo, recollendo achegas do tecido asociativo e veciñal da cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo presentou este mércores unha batería de 198 emendas parciais aos orzamentos do Concello para 2026, co obxectivo de darlle “un xiro de 180 graos” ao consideralos que son “máis do mesmo”.

Tal como reivindicou, o Bloque elaborou estas alternativas a través dun proceso participativo, recollendo achegas do tecido asociativo e veciñal da cidade. “Estas emendas son a expresión económica da alternativa política do BNG para facer que Vigo avance cun novo impulso”, subliñou o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, segundo recolle o BNG nun comunicado.

Para el, estas propostas demostran que “si hai alternativa” na cidade, fronte a un goberno local “instalado na inercia” e un PP que “non ten nada que ofrecerlle” a Vigo.

Segundo Igrexas, as 198 emendas do BNG buscan, por un importe de 31 millóns de euros, apostar por unha cidade “socialmente xusta e igualitaria”, así como “habitable e verde”, con medidas para reforzar as políticas de vivenda, cultura, deporte e para a mocidade. “É momento de construír un novo Vigo, entre todos e para todos, co proxecto transformador e en positivo do BNG”, destacou.

“Os recursos económicos dos Concellos son de todos os vigueses, non de Abel Caballero”, insistiu, criticando que o alcalde elaborase os orzamentos “en réxime de monólogo xordo, sen dialogar con ninguén”.

Entre as principais propostas dos nacionalistas, Igrexas referiuse, por exemplo, a duplicar a partida das axudas sociais municipais, de 1,3 a 2,6 millóns de euros, así como aumentar o Plan Municipal de Emprego ata os 3 millóns.

Tamén se referiu a iniciativas para atender o “grave problema da vivenda” como un Plan Facilitador do Aluguer dotado de 3 millóns de euros ou un programa de alternativas habitacións para persoas en risco de desafiuzamento con 1,5 millóns.

ÚLTIMAS

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...