InicioPolíticaO PP de Vigo contraataca con 39 enmendas para que os orzamentos...

O PP de Vigo contraataca con 39 enmendas para que os orzamentos sexan “realistas” e non “publicitarios”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP rexistrou 39 emendas aos orzamentos de Vigo para 2026, por valor de 72,3 millóns de euros, con fin de que a cidade pase dunhas contas “publicitarias” a unhas contas “realistas”.Así o trasladou nunha rolda de prensa a presidenta local do partido, Luisa Sánchez, que avogou por un orzamento “executivo, centrado nas persoas, nos barrios, no crecemento equilibrado”.

Segundo explicou, as emendas do seu grupo están pensadas par que “cada euro público teña un impacto medible na calidade de vida dos vigueses“, e tratan de “promover unha política útil, participativa e transparente na que os barrios regresen, por fin, ao centro da acción municipal”. Luisa Sánchez criticou que o alcalde, Abel Caballero, volve presumir dunha presuposta marca, uns 345 millóns de euros, pero vaticinou que o orzamento “de novo volverá quedar en papel mollado” porque quedará sen executarse o 50 % do consignado, “como é tristemente habitual”.

Para a concelleira ‘popular’, o goberno vigués “recada moito pero non executa”, de maneira que “amasa recursos en Tesouraría en lugar de transformalos en servizos, vivenda ou oportunidades de emprego”. Por iso, outro dos obxectivos das emendas é “garantir unha execución moi superior á actual”. “Estamos convencidos de que o Vigo do futuro non se construirá con titulares nin con propaganda. O desenvolvemento dunha cidade non se pode soster en orzamentos maquillados, senón cunha planificación real, con xestión e execución real das partidas”, sinalou Luisa Sánchez.

A presidenta do PP vigués explicou que a vivenda ocupa un papel central nestas emendas, cun incremento ata os 26 millóns de euros, un 7,41 % máis que a dotación actual. Entre outras cuestións, eleva ata os 6 millóns o plan municipal de vivenda pública, 9 millóns para levar a cabo a promoción directa de vivenda protexida e outros 6 para a rehabilitación e mobilización de vivendas baleiras. Por último, unha partida de 25 millóns para axudas ao aluguer e o acceso real á vivenda.

As emendas do PP de Vigo tamén apuntan ás políticas sociais, o emprego, a educación, o turismo ou o deporte. En total, expoñen un incremento de 72,3 millóns de euros que se obterían de fondos procedentes dos remanentes de Tesouraría, onde hai uns 95 millóns. Ademais, proponse reducir o gasto corrente de baixa execución e reaxustar as partidas duplicadas ou os servizos externalizados non prioritarios.

ÚLTIMAS

Cazan ‘in fraganti’ tres ladróns cando tentaban asaltar unha vivenda no barrio vigués de Balaídos

A rápida intervención policial e a colaboración cidadá evitaron que se consumase un novo...

Unha conferencia revela como a arte do século XIX construíu a imaxe histórica de Vigo

O historiador da arte e membro do Instituto de Estudos Vigueses, José Luis Mateo,...

O Celta recibe o selo nacional de transparencia e divulgación non financeira de mans do Consello Xeral de Economistas e LaLiga

O Consello Xeral de Economistas de España (CGEE) e LaLiga distinguirán o vindeiro luns,...

Abel Caballero convoca o pleno extraordinario do caso Saltamontes o 19 de xuño pero elude a súa comparecencia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou para o próximo 19 de xuño o...