InicioVigo e contornaRedondelaReorganización do goberno local de Redondela con Vicente Lamas para substituír a...

Reorganización do goberno local de Redondela con Vicente Lamas para substituír a Iván Vallés

Segundo comunicou o goberno local, presidido pola socialista Digna Rivas, acometerase unha reorganización de funcións dentro do Executivo municipal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno do Concello de Redondela acolle este xoves a toma de posesión de Vicente Lamas como concelleira do grupo socialista, en substitución de Iván Vallés, que renunciou por motivos de saúde en setembro pasado. Segundo comunicou o goberno local, presidido pola socialista Digna Rivas, acometerase unha reorganización de funcións dentro do Executivo municipal.

Así, Lamas (que xa estivo no goberno redondelano no pasado mandato) asumirá as concellarías de Limpeza Viaria, Limpeza de Praias, Mercados e Parroquias; mentres que a alcaldesa sumará ás súas responsabilidades a área de Normalización Lingüística e a nova concellaría de Memoria Democrática.

Pola súa banda, o edil Alberto Álvarez manteñen as áreas de Medio Ambiente, Sanidade, Transición Enerxética e Participación Cidadá, ás que Emprego e Ensino. Antonio Cabaleiro, responsable de Urbanismo, Patrimonio, Transparencia e Novas Tecnoloxías incorpora a área de Deportes.

Pedro Villaverde segue como concelleiro de Parques e Xardíns, Feiras e Limpeza e roza de beiravías; e a concelleira Rita Pérez mantén as mesmas competencias, con Economía e Facenda, Cultura e Turismo, Persoal, Interior e Seguridade.

Iria Vilaboa mantén Servizos Sociais, Igualdade, Benestar Comunitario, Persoas Maiores e Infancia, e engade Xuventude; e o concelleiro Roberto Vilar, de AER, mantén as mesmas competencias coas áreas de Infraestruturas e Sostibilidade, que inclúen os servizos de vías e obras, iluminación pública, abastecemento de auga e saneamento, residuos sólidos urbanos e rescate e control de especies.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...