InicioEconomíaCaballero ironiza sobre as vivendas da Xunta en Vigo: "Fan máis visitas...

Caballero ironiza sobre as vivendas da Xunta en Vigo: “Fan máis visitas que pisos constrúen”

A Xunta anuncia 20 novas vivendas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ironizou este xoves sobre a nova visita da conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue, ao barrio de Navia, onde a Xunta está a urbanizar varios ámbitos e construíndo varios edificios de vivenda pública. “Fai máis visitas que pisos constrúe alí”, apuntou o rexedor.

Nunhas declaracións remitidas aos medios, Caballero volveu a insistir en que, a pesar de ter as competencias en vivenda, a Xunta só construíu 62 vivendas públicas en Vigo nos últimos 18 anos na cidade, onde o número de demandantes deste tipo de vivendas está en case 7.000. “Pero iso si, visitas da conselleira a Navia, infinitas. Fai máis visitas a consellera a Navia que pisos constrúe alí. Máis visitas que pisos. Está outra vez aquí, visitando as mesmas vivendas que aínda non fixo, que aínda non fixo, visitando as mesmas que visitou fai cinco días”, denunciou o alcalde, que sentenciou: “Isto é ridículo xa”. “Como se pode ter esta caradura política de vir rirse desta cidade? É patético”, insistiu o rexedor.

ANUNCIOS DA XUNTA

A Xunta iniciou as obras do terceiro edificio que se constrúe con técnicas industrializadas no polígono de Navia, en Vigo, un inmoble que contará con 20 vivendas de promoción pública e un investimento de 4,7 millóns de euros (dos que o 78 % son fondos autonómicos).

O novo edificio contará con tres plantas, e terá 4 vivendas de dous dormitorios, 13 de tres dormitorios (unha delas adaptada) e 2 vivendas de 4 habitacións, segundo explicou a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, que este xoves visitou o inicio dos traballos, acompañada polo secretario xeral de Vivenda, Heriberto García, e a delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz.

Segundo lembrou Martínez Allegue, este é o terceiro inmoble en obras en Navia no que se primaron as técnicas industrializadas, xa no proceso de licitación. En total, están en construción 92 vivendas con estas técnicas, do total de 293 pisos que xa están en obras; a eles sumarase proximamente a construción doutro edificio de 16 vivendas.

ÚLTIMAS

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Condenado un avó a 5 anos por abusar sexualmente da súa neta menor de idade en Vigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou os recursos de apelación de...

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...