InicioSucesosConduce por Porriño drogado con cocaína e cannabis un tractor sen seguro,...

Conduce por Porriño drogado con cocaína e cannabis un tractor sen seguro, carné, luces nin ITV pasada

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil interceptou no municipio pontevedrés do Porriño a un veciño conducindo un tractor agrícola despois de perder a totalidade dos puntos do seu permiso de conducir. O tractor foi interceptado por efectivos do Destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño cando circulaba por unha estrada local á altura da parroquia de Torneiros.

O condutor, que resultou ser un veciño do Porriño, de 32 anos, circulaba ademais baixo os efectos das drogas, ao confirmarse polo laboratorio os resultados do test indiciario, dando resultado positivo en cannabis e cocaína.

Tractor intervido/ Guardia Civil

A situación irregular deste tractorista agravouse, aínda máis, ao comprobar os compoñentes da patrulla que o vehículo, ademais de non levar ningún dispositivo de iluminación, non pasara a preceptiva ITV e tamén carecía do preceptivo seguro obrigatorio.

Esta actuación, que deu lugar ás correspondentes denuncias administrativas e á inmovilización cautelar do tractor, levou a cabo no marco da campaña que se iniciou na segunda quincena do pasado mes de novembro sobre o uso seguro do tractor nas vías de comunicación.

O obxectivo desta campaña, que pretende reducir o número de accidentes de circulación nos que estean implicados os tractores agrícolas, ten por finalidade sensibilizar aos usuarios deste tipo de vehículos sobre os riscos asociados ao seu manexo e condución e a facilitar información sobre as medidas de prevención fronte a envorco (o accidente máis habitual nestes casos), e a proporcionar consellos de seguridade viaria mediante a repartición de trípticos informativos.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...