InicioVigo e contornaVigoCaballero insiste sobre a AP-9: "Toda a autoestrada ten que ser gratis"

Caballero insiste sobre a AP-9: “Toda a autoestrada ten que ser gratis”

O alcalde de Vigo celebrou este mércores a sentenza do Tribunal Supremo que obriga a Audasa a devolver as peaxes cobradas durante as obras de ampliación da ponte de Rande

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores a sentenza do Tribunal Supremo que obriga a Audasa a devolver as peaxes cobradas durante as obras de ampliación da ponte de Rande, aínda que insistiu en que “toda a autoestrada ten que ser gratis”.

Nunhas declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico sinalou que a resolución do alto tribunal “é de sentido común”, porque “se un vai por unha autoestrada e a autoestrada é máis lenta que ir a pé ata o sitio ao que se vai, pois é evidente que non poden cobrarche a peaxe”.

Con todo, Caballero reiterou que “a autoestrada enteira ten que ser gratis”. “É que non pode ser. Eu levo toda a miña vida de adulto pagando peaxe na autoestrada (…) e aínda me din que teño que seguir ata o ano 47″, lamentou e insistiu en que 2toda a autoestrada ten que ser gratis”, entre Ferrol e Tui.

O alcalde tamén se referiu ao tramo concreto entre Vigo e Pontevedra, comunica “unha gran área urbana” e na que “obligadamente” hai que pagar unha peaxe porque “non hai vía alternativa”.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...