InicioMovementos SociaisManifestación en Vigo con centos de persoas nunha xornada de paros en...

Manifestación en Vigo con centos de persoas nunha xornada de paros en apoio do pobo palestino e contra o xenocidio

Os sindicatos CC.OO. e UGT convocaron dúas concentracións na Porta do Sol, ás 11.00 e ás 18.00 horas, onde decenas de persoas participou con bandeiras e 'kufiyas' palestinas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Centos de persoas saíron este mércores ás rúas de Vigo en diferentes actos de protesta para denunciar o xenocidio e trasladar o apoio da clase traballadora ao pobo palestina.

Nunha xornada de paros parciais (convocados por CIG, UGT e CC.OO.) e de folga xeral (convocada pola CUT), a cidade olívica foi escenario de diferentes protestas e actos reivindicativos.

A máis numerosa foi a manifestación organizada pola CIG, na que centos de persoas (un milleiro segundo o sindicato) percorreron as rúas do centro da cidade para denunciar a actuación do “Estado terrorista” de Israel e para reclamar o fin do xenocidio, o dereito á autodeterminación do pobo palestino e a asunción de responsabilidades ante o Tribunal Penal Internacional, así como a ruptura de relacións militares, comerciais e diplomáticas co país de Benjamin Netanyahu.

Mentres, os sindicatos CC.OO. e UGT convocaron dúas concentracións na Porta do Sol, ás 11.00 e ás 18.00 horas, onde decenas de persoas participou con bandeiras e ‘kufiyas’ palestinas. Alí, os responsables comarcais, Montse Carrera e Ernesto Fontanes, deron lectura a un manifesto no que ambos os sindicatos esixen que o alto o fogo en Gaza sexa “permanente e verificable”.

Tamén reclamaron que se asegure a chegada de axuda humanitaria á franxa, que se apoie a reconstrución de Gaza e que se garanta a retirada de tropas israelís e o control do territorio por parte do Estado Palestino. Igualmente, piden a suspensión de relacións entre a UE e Israel, “medidas contra as empresas que se lucran dos asentamentos ilegais” ou o procesamiento de persoas e organizacións que cometeron crimes de guerra e de lesa humanidade”, entre outras actuacións.

ÚLTIMAS

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...