InicioSucesosO mozo que acoitelou a outro no Entroido de Verán de Redondela...

O mozo que acoitelou a outro no Entroido de Verán de Redondela en 2024 enfróntase agora a 8 anos de cárcere

Con ánimo de acabar coa súa vida "abalanzouse" sobre el e golpeouno na cara e no corpo. Ademais, asestoulle varias puñaladas no peito cun coitelo de 11 centímetros de folla.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O mozo detido na madrugada do 25 de agosto de 2024 tras haber supostamente apuñalado a outro mozo en Redondela, será xulgado deste martes na sección quinta da Audiencia Provincial, con sede en Vigo, como presunto autor dun delito de homicidio en grao de tentativa e enfróntase a 8 anos de prisión. Segundo recolle o escrito de acusación da Fiscalía, os feitos ocorreron de madrugada cando o acusado se dirixiu, en compañía duns amigos, ao Paseo da Xunqueira de Redondela. Alí atopouse coa vítima, que tamén estaba cun grupo de persoas.

Con ánimo de acabar coa súa vida “abalanzouse” sobre el e golpeouno na cara e no corpo. Ademais, asestoulle varias puñaladas no peito cun coitelo de 11 centímetros de folla. Como consecuencia, a vítima resultou con feridas graves e tivo que ser trasladada urxentemente ao Hospital. Por estes feitos, o ministerio público considera ao procesado autor dun delito de homicidio en grao de tentativa, e pide que sexa condenado a 8 anos de prisión. Tamén reclama que se lle impoña a prohibición de achegarse ou comunicarse coa vítima por un tempo de 10 anos e que o indemnice en case 10.500 euros polas lesións, as intervencións cirúrxicas polas que pasou e polas secuelas.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...