InicioPolíticaAcusan ao PP do Porriño de tentar expropiar un camiño cun expediente...

Acusan ao PP do Porriño de tentar expropiar un camiño cun expediente asinado por un falecido

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PSOE do Porriño denunciou que o PP tratou de levar a pleno unha iniciativa que incluía un expediente asinado por unha persoa que xa falecera no momento da suposta rúbrica.

Nun comunicado, os socialistas indicaron que nas pasadas comisións informativas, previas ao pleno de setembro, os ‘populares’ presentaron un punto para a expropiación dun camiño na zona de Atios. “No citado expediente constaba un documento de 24 de febreiro de 2025 no que os grupos da oposición advertimos da firma dunha persoa falecida o 31 de decembro de 2011, entre os titulares das parcelas asinantes”, indica o PSOE.

Por iso, instouse a que se retirase ese punto do pleno ata que se esclarecese o ocorrido. Con todo, o punto si entrou na convocatoria, sendo retirado durante a celebración do pleno tras rexistrar os socialistas unha petición para aclarar este feito, incluíndo un certificado de defunción da persoa asinante, que se trataría do pai dun concelleiro.

A inclusión da firma dun falecido podería constituír falsidade documental grave, unha presunta usurpación de estado civil e viciar de nulidade todo o procedemento”, apuntou o portavoz socialista, David Alonso.

ÚLTIMAS

Vigo defende a intervención do Concello no mercado inmobiliario para conter prezos

A concelleira de Urbanismo de Vigo, María José Caride, defendeu este mércores unha intervención...

A Xunta reitera que o abastecemento da cidade olívica desde Eiras non está en risco e chegaría aínda que non chovese ata xaneiro

A Xunta de Galicia insistiu este mércores en que o abastecemento de auga a Vigo desde...

Radiólogos vigueses volven pedir máis persoal na quenda de garda mentres agardan a que o Sergas sente a negociar

Decenas de radiólogos volveron protestar na mañá deste mércores en Vigo para pedir máis...

Volven a San Simón as esculturas do Capitán Nemo logo da súa rehabilitación

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou este mércores o...