InicioCulturaVolven a San Simón as esculturas do Capitán Nemo logo da súa...

Volven a San Simón as esculturas do Capitán Nemo logo da súa rehabilitación

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou este mércores o conxunto escultórico do Capitán Nemo, próximo á Illa de San Simón, para comprobar o resultado da restauración á que foi sometido cun investimento de 14.500 euros por parte do Goberno galego.

O representante da Xunta, que estivo acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, subliñou que o estudo de Sergio Portela realizou un “gran traballo” na rehabilitación das figuras dos mergulladores expostas á deterioración pola acción do mar sobre elas.

Así, López Campos puxo en valor o interese das esculturas, que lembran a referencia á Ría de Vigo e á Batalla de Rande na novela de Xullo Verne ‘Vinte mil leguas de viaxe submarina’, “como unha maneira de unir historia e literatura coa illa de San Simón de fondo”.

Os estudos previos realizados sobre o conxunto detectaron o mal estado dos mergulladores derivada do propio lugar no que se atopan pola subida e baixada da marea.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...