InicioEconomíaCC.OO. denuncia a "grave deterioración" do servizo de Correos en Vigo

CC.OO. denuncia a “grave deterioración” do servizo de Correos en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Comisións Obreiras (CC.OO.) denunciou a “grave deterioración” do servizo de Correos en Vigo “provocado por unha xestión que prioriza criterios comerciais fronte á calidade”, lamentando ao peche da sucursal do porto o pasado mes de xuño. Tal como subliñou o sindicado nun comunicado, a “drástica” redución de persoal en portelo, o peche de oficinas e a falta de contratación “están a xerar un profundo malestar entre a cidadanía”.

Segundo os datos solicitados por CC.OO., nos últimos anos produciuse unha “diminución sen precedentes” nos postos de atención ao público en todas as oficinas de Correos da cidade. “En numerosas ocasións, as xubilacións ou traslados do persoal non se cubriron, ou se substituíron por contratos de media xornada, insuficientes para garantir unha atención adecuada”, criticou o sindicado.

“Un dos feitos máis graves foi o peche da sucursal situada no porto de Vigo, o pasado 6 de xuño. Esta clausura obrigou a numerosas empresas e usuarios a trasladarse a outras oficinas, ademais de ter que cancelar os seus apartados de correos, co consecuente prexuízo para a súa actividade diaria”, engadiron desde a organización.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...