InicioPolíticaLuz verde do pleno vigués á subida do 4 % dos impostos...

Luz verde do pleno vigués á subida do 4 % dos impostos municipais para 2026

O pleno municipal tamén pide á Deputación aumentar ata os 6,5 millóns de euros a achega anual ao Concello olívico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Pleno do Concello de Vigo deu luz verde este luns á subida do 4 % nos impostos municipais para o exercicio de 2026, cos votos favorables do PSOE e o voto contrario de PP e BNG. O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, foi o encargado de explicar estas “actualizacións” de taxas, e incidiu en que a subida servirá para seguir sufragando os servizos públicos dos que se benefician os vigueses.

Aneiros rexeitou as emendas presentadas polos grupos da oposición a esta actualización das ordenanzas fiscais, e retoulles a explicar de que partidas se recortarían cartos para facer efectivas as súas propostas. Segundo subliñou, coas taxas o goberno local “reforza” servizos como limpeza, SAF, bolsas e axudas de comedor, ou melloras en instalacións deportivas. “Para iso serve esta actualización”, remarcou

Ademais, afeou ao PP que propoña rebaixas de impostos cando este partido os incrementa alí onde goberna e acusou ao portavoz do BNG, Xabier Pérez Igrexas, de utilizar unha “linguaxe trumpista” ao criticar ao goberno local vigués.

CRÍTICAS DE PPdeG e BNG

Mentres, o grupo municipal ‘popular’ censurou que o goberno de Abel Caballero volve subir os impostos locais por terceiro ano consecutivo, cunha proposta “sen diálogo nin consenso”, e constatou que “os vigueses cada vez pagan máis por peores servizos” e “todo para facer caixa antes das eleccións de 2027”. “Dentro dun ano o alcalde tentará vender unha conxelación fiscal coma se fose un agasallo electoral”, vaticinou a concelleira do PP, Patricia García.

Pola súa banda, o portavoz do BNG, Xabier Pérez Igrexas, tamén criticou que o goberno local incremente os impostos e non traballe por ter unha fiscalidade máis progresiva e xusta. Por iso, volveu a reiterar as propostas nacionalistas para apoiar ás familias máis vulnerables, fronte á “propaganda” do equipo de Caballero.

AUTORIZACIÓNS DA XUNTA

O Pleno de Vigo aprobou tamén unha moción do PSOE na que se insta á Xunta a “axilizar” as autorizacións que dependen dos seus departamentos solicitadas polo Concello para desenvolver diferentes proxectos. A proposta contou cos votos favorables do PSOE, a abstención doO pleno municipal tamén pide á Deputación aumentar ata os 6,5 millóns de euros a achega anual ao Concello olívico. BNG, e o ‘non’ do PP. O concelleiro socialista Javier Pardo denunciou que a Xunta do PP se disgingue por “castigar” a Vigo con falta de investimentos e negarlle o financiamento que lle corresponde por poboación, ao que se suman as “trabas e obstáculos” ás iniciativas e proxectos municipais que necesitan algunha autorización autonómica.

Mentres, o BNG coincidiu en criticar o “abandono” de Vigo por parte do goberno galego, pero matizou que a falta de investimentos “non teñen un único culpable”, e sinalou ao goberno de Caballero pola “estratexia de confrontación” que aplica para que non saian adiante proxectos necesarios, como o centro asociacionismo da rúa Lalín. Igualmente, denunciou o atraso en iniciativas como a biblioteca de Teis, a reforma das pistas de atletismo e outras obras, e a “falta de autocrítica”.O pleno municipal tamén pide á Deputación aumentar ata os 6,5 millóns de euros a achega anual ao Concello olívico.

OUTRAS MOCIÓNS

Por outra banda, tamén se aprobaron o resto de mocións socialistas, como a que reclama á Deputación aumentar ata os 6,5 millóns de euros a achega anual ao Concello olívico, a que pide (outra vez) que Vigo siga sendo sede dos exames MIR, ou a que reclama á Xunta que apoie o Plan Estatal de Vivenda.

Mentres, foron rexeitadas as propostas do PP e do BNG. Así, a moción ‘popular’ que pedía ao Concello asumir a subida do recibo do lixo con fondos propios recibiu o voto contrario do PSOE e a abstención do BNG, e a moción do BNG para mellorar o SAF tivo o voto contrario do PSOE e a abstención do PP.

ÚLTIMAS

Acabouse o de ofrecer vieiras por zamburiñas nos menús dos restaurantes

A Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, está a...

O goberno de Vigo estudará denunciar a membros da CIG tras “insultos” no Pleno

O goberno municipal de Vigo "procederá de acordo cos servizos xurídicos" ante os "insultos"...

Vigo rexeita a un ‘tiktoker’ coñecido polo seu discurso “machista, fascista e homófobo”

O goberno municipal de Vigo trasladou este luns o seu rexeitamento ante a presenza...

Protestas das traballadoras do SAF suspenden momentaneamente o Pleno de Vigo

A sesión ordinaria do Pleno de Vigo deste luns foi suspendida temporalmente debido ás...