InicioSociedadeVeciños de Ponteareas volven cortar a N-120 para reclamar a urxente mellora...

Veciños de Ponteareas volven cortar a N-120 para reclamar a urxente mellora da seguridade viaria

A vía soporta máis de 17.000 vehículos diarios e acumula unha elevada taxa de sinistralidade e atropelos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Plataforma pola Defensa da N-120, xunto con veciños e representantes de grupos políticos da corporación municipal de Ponteareas, volveron a cortar este venres a N-120 para reclamar a urxente mellora da seguridade viaria. Segundo recollen nun comunicado, esixiron ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable unha solución “inmediata” ao “grave problema de inseguridade viaria que supón” esta estrada.

Durante preto dunha hora, decenas de persoas participaron na manifestación, reclamando unha “demanda histórica”: a execución do proxecto xa redactado e “paralizado” de mellora desta estrada estatal, “que soporta máis de 17.000 vehículos diarios e acumula unha elevada taxa de sinistralidade e atropelos”. Tras unha pancarta que rezaba ‘N-120 Solución Xa’ e a presenza dun coche fúnebre e un cadaleito, os veciños de Ponteareas saíron de novo á rúa con chalecos reflectores, lembrando ás vítimas.

“A N-120 converteuse nun dos puntos negros máis perigosos de Galicia. Unha estrada que xa se cobrou demasiadas vidas. E iso sábeo todo o mundo. É intolerable que sexan conscientes deste perigo e decidan mantelo cando existe un proxecto listo para ser executado”, criticou o Portavoz da Plataforma, Luís Campos. El anunciou que haberá máis concentracións, como o vindeiro venres, 3 de outubro, no mesmo punto e á mesma hora, a partir das 19.30 horas. “Este é só o inicio dunha serie de mobilizacións máis contundentes e faremos o que faga falta para que nos escoiten, aquí, en Pontevedra ou en Madrid”, subliñou Campos.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...