InicioSucesosUnha menor de 15 anos sufre unha intoxicación etílica en Vigo

Unha menor de 15 anos sufre unha intoxicación etílica en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

As 04:19 horas do día 7 de decembro, unha patrulla da Policía intervía na rúa Inés Pérez de Ceta -vía pública- porque unha moza de 15 anos se atopaba baixo os efectos do que parecía unha intoxicación etílica.

No lugar compareceu unha ambulancia que trasladou á menor a un centro hospitalario. O feito foi comunicado aos proxenitores da nova.

Ademais, ás 02:28 horas deste xoves 6 día de decembro, axentes da Policía Local de Vigo procederon á identificación de 4 menores que adquiriran bebidas alcohólicas dispensadas nun establecemento da rúa Váquez Varela.

O feito deu lugar á correspondente denuncia, xa que a conduta apuntada é constitutiva dunha infracción, entre a outras normas, á Lei 11/2010 do 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade (Lei da CCAA de Galicia).

 

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...