InicioEconomíaRubén Marín, novo director xeral do Porto de Vigo

Rubén Marín, novo director xeral do Porto de Vigo

Marín conta con "unha dilatada experiencia profesional que o referenda como un excelente candidato para tomar a substitución de Melgar á fronte da dirección xeral do porto olívico"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O consello de administración da Autoridade Portuaria de Vigo, a proposta do seu presidente, Carlos Botana, accedeu esta mañá á solicitude de cesamento, a petición propia, presentada polo actual director da institución, Leandro Melgar Casillas, quen foi nomeado o 27 de setembro de 2024, cedendo a testemuña ao vigués Rubén Marín.

Tal como informou o propio Melgar en rolda de prensa, o cesamento prodúcese por “motivos estritamente persoais” e continuará traballando para Portos do Estado.

Botana reivindicou a xestión do director saínte, que demostrou “un compromiso exemplar e unha dedicación incuestionable aos obxectivos estratéxicos da Autoridade Portuaria” e “o seu liderado contribuíu de maneira significativa ao desenvolvemento e consolidación da Autoridade Portuaria de Vigo”.

O máximo responsable portuario agradeceu “profundamente o esforzo e a valiosa achega” durante todo este tempo do ata este venres director, recoñecendo “a perda que supón a súa dedicación e profesionalidade demostradas no exercicio das súas responsabilidades”. Neste contexto, destacou a súa “especial implicación” na mellora da loxística e a xestión das terminais de Bouzas e Guixar.

RUBÉN MARÍN

Pola súa banda, o encargado de coller a substitución á fronte da Dirección do organismo é o vigués Rubén Marín. Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, Marín conta con “unha dilatada experiencia profesional que o referenda como un excelente candidato para tomar a substitución de Melgar á fronte da dirección xeral do porto olívico”.

Botana indicou que Marín ocupou cargos de alta dirección, como subdirector xeral na Autoridade Portuaria de Valencia desde febreiro de 2023. Anteriormente, foi director xeneral da Autoridade Portuaria de Avilés (2013-2020) e xefe de Explotación na Autoridade Portuaria de Valencia (2020-2023). Ademais, estivo desde 2003 a 2013 traballando no Porto de Vigo como xefe de Departamento de Explotación e xefe das Divisións de Conservación, e de Seguridade e Protección.

Entre os retos aos que se enfrontará estarán a mellora da dixitalización do porto, pondo en valor Botana o traballo realizado neste aspecto por Marín en Valencia.

“Como director teño que facer o meu traballo, achegar o pouquiño que se e executar a estratexia do presidente e do consello de administración. O meu traballo é xestionar”, subliñou Marín na súa primeira comparecencia ante os medios de comunicación vigueses.

ÚLTIMAS

Concentración en Vigo pola aumento de accidentes e ritmos de traballo no naval

Decenas de persoas concentráronse este xoves en Vigo para denunciar o aumento da sinistralidade laboral...

Chaman a manifestarse este sábado en Vigo contra o xenocidio en Gaza

A Plataforma Cívica Vigo Pro-Palestina, integrada por máis de 40 entidades sociais, veciñais, sindicatos e...

O TSXG ratifica a condena a 15 anos de cárcere o acusado de violar ao seu fillastro en Vigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a condena a 15 anos...

A UVigo participa nun proxecto para a detección satelital de incendios

Aistech Space, Telespazio Ibérica e Kreios Space, en colaboración coa Universidade de Vigo (UVigo),...