InicioSociedadeCondenado a 5 anos un agresor sexual reincidente por violar a unha...

Condenado a 5 anos un agresor sexual reincidente por violar a unha muller na vía pública en Vigo

O tribunal tivo en conta o atenuante de embriagadez.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a Juan Manuel P.M. como autor dun delito de violación á pena de 5 anos de prisión, tras unha vista de conformidade, na que o procesado aceptou os feitos e a pena imposta (xa declarada firme na sala).

A agresión produciuse na vía pública, en maio de 2024. Vítima e acusado atopábanse na rúa Areal, nun banco e, cando quedaron sós, el levouna cara a unha zona axardinada e violouna. O tribunal impúxolle 5 anos de cárcere, e aplícalle a circunstancia atenuante de embriaguez, xa que tiña as súas capacidades “lixeiramente alteradas” pola inxesta de alcol, así como a agravante de reincidencia, xa que Juan Manuel P.M. foi condenado por unha agresión sexual anterior.

Ademais da pena privativa de liberdade, a Audiencia imponlle a prohibición de achegarse ou comunicarse coa vítima durante 10 anos, e a medida de liberdade vixiada, tras saír de prisión, durante 5 anos. Igualmente, impúxolle a inhabilitación para desempeñar traballos ou actividades que impliquen contacto con menores durante un tempo de 10 anos, e deberá indemnizar á prexudicada en 5.000 euros. Inicialmente, a Fiscalía pedía para o acusado 10 anos e 9 meses de cárcere, e unha indemnización para a muller de 20.000 euros.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...