InicioPolíticaO Parlamento galego reclama o mantemento dos exames MIR en Vigo

O Parlamento galego reclama o mantemento dos exames MIR en Vigo

"É unha demanda que nace do sentido común, da evidencia técnica e do recoñecemento á realidade sanitaria e universitaria galega", indicou a deputada popular Patricia García

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Parlamento de Galicia aprobou este xoves a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra do PSdeG, a través da que se solicita ao Goberno central o mantemento da cidade de Vigo, xunto con Santiago de Compostela, como sede para a realización dos exames de formación sanitaria especializada (MIR) en Galicia.

“É unha demanda que nace do sentido común, da evidencia técnica e do recoñecemento á realidade sanitaria e universitaria galega”, indicou a deputada popular Patricia García, que considera que eliminar Vigo “non é só un erro político, senón que é unha decisión incomprensible, sen criterios técnicos coñecidos e tomada sen diálogo coas comunidades”.

Patricia García defendeu “unha proposta positiva, leal institucionalmente e centrada no que de verdade importa: a cidade de Vigo, os aspirantes e o sistema sanitario galego”.

Pola súa banda, a socialista Elena Espinosa mostrouse moi crítica cos populares aos que lembrou que o PSdeG xa levou unha petición similar ao Pleno do Concello de Vigo, “onde o PP votou en contra”.

Así, recoñeceu que a ministra de Sanidade, Mónica García, “equivócase”, pero matizou que a retirada de Vigo está nunha proposta do ministerio onde se reducen as cidades sede de 28 a 22 en toda España — incrementáronse con motivo da Covid-19 –.

A deputada do BNG, Iria Carreira, reflexionou sobre a igualdade de oportunidades e a accesibilidade que supón ter máis sedes, pero lamentou que se poña o foco no incorrecto e non nas condicións dos residentes.

Considera que se trata dun escenario orquestrado polo bipartidismo para converter o Parlamento, ou o Concello de Vigo, nunha “especie de caixa de resonancia onde o importante é a confrontación PP-PSOE”.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...