InicioPolíticaO BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

Os nacionalistas acusan a Rueda de falta de previsión e coordinación ante a crise forestal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pola súa “neglixente” xestión da onda de incendios que afectou a Galicia este verán.

Segundo informan os nacionalistas nun comunicado, no pleno proporán unha moción para esixir ao Executivo autonómico un cambio estrutural na política forestal e territorial da Xunta, a quen responsabilizan das “devastadoras” consecuencias dos lumes.

“O que vivimos non foi unha traxedia natural, senón a consecuencia directa dunha política forestal fracasada e dunha xestión neglixente por parte da Xunta do PP“, denunciou o portavoz municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas.

El criticou que o Goberno autonómico deixou ata 11 millóns de euros sen executar destinados a labores de prevención. “Faltou planificación, prevención e medios. Sobraron improvisación e propaganda“, engadiu.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...