InicioSucesosFeridas tres persoas nun accidente de tráfico en Nigrán

Feridas tres persoas nun accidente de tráfico en Nigrán

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres persoas (dous homes de 20 e unha muller de 19 anos) resultaron feridas nun accidente de tráfico no municipio pontevedrés de Nigrán. Unha delas tivo que ser excarcerada do vehículo.

Segundo informou o 112, o suceso produciuse pasadas as 22.30 horas deste mércores na estrada provincial EP-2106, á altura do quilómetro 2, na parroquia de Parada. Varios particulares chamaron ao 112 Galicia para alertar dunha saída de vía na que un turismo chocara contra un muro. Xa desde o primeiro momento, indicaron que viaxaban tres ocupantes no interior do coche, todos feridos, e que unha persoa podería estar atrapada.

O servizo informou do ocorrido ao 061, aos Bombeiros do Porriño, ao GES Val Miñor, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e a efectivos de Protección Civil da zona. Unha vez no punto, os equipos de intervención confirmaron a necesidade de excarcerar a un dos ocupantes. Para facelo, tiveron que cortar unha porta e o respaldo dianteiro dun dos asentos, o que permitiu liberar á vítima, que foi inmobilizada antes do seu traslado ao hospital Álvaro Cunqueiro. Os outros dous feridos tamén recibiron asistencia sanitaria e foron evacuados ao mesmo centro hospitalario.

Tal e como puntualizou o 061, ao lugar desprazáronse dúas ambulancias de soporte vital básico e unha de soporte vital avanzado, ademais de persoal sanitario da PAC de Nigrán.

ÚLTIMAS

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...

Unha noite de violencia en Vigo: agresións nun bar e ataque a un axente con unhas chaves

Un home, de 42 anos de idade, foi detido na madrugada do pasado domingo...