InicioSucesosDous feridos leves nun accidente múltiple en Vigo con sete vehículos implicados

Dous feridos leves nun accidente múltiple en Vigo con sete vehículos implicados

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas leves este mércores nun accidente múltiple con sete vehículos implicados en Vigo. Ambas foron atendidas no propio punto polo persoal sanitario, sen que fose necesario o seu traslado a un centro hospitalario.

O sinistro produciuse ao redor das 8.00 horas, cando o sistema de emerxencias E-Call dun dos turismos implicados alertou ao 112 e situaba o accidente na VG-20, á altura do quilómetro 10, en Beade.

A partir de aí, desde o servizo pasouse aviso ao 061, aos Bombeiros de Vigo, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil. Segundo confirmaron os equipos desprazados, sete vehículos víronse involucrados no accidente. Ademais de dúas persoas feridas leves, outro cinco resultaron ilesas.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...