InicioSociedadeA diocese de Tui-Vigo autoriza a unha muller a "celebrar a Palabra"...

A diocese de Tui-Vigo autoriza a unha muller a “celebrar a Palabra” en sete parroquias do arciprestado da Louriña pola falta de curas

Almudena Suárez Cerviño leva anos colaborando coa diocese na celebración da Palabra (non pode oficiar misa formalmente, pero si celebrar a Palabra e dar a comuñón previa consagración por parte dun sacerdote).

PUBLICADO O

- Advertisement -

O bispo da Diocese Tui-Vigo, Antonio Valín Valdés, fixo pública nas últimas horas a remodelación dalgunhas parroquias da cidade olívica e de varios municipios da área, e confirmouse que unha muller, Almudena Suárez Cerviño, seguirá “celebrando a Palabra” en varias delas. 

Esta remodelación levouse a cabo, segundo informou o bispado, para “paliar as actuais deficiencias de atención nas mesmas, ben sexa polas recentes baixas ou xubilación de varios sacerdotes, pero sobre todo pola imprescindible procura dunha mellor atención de cada parroquia a pesar da escaseza de clero”. No marco desa reestruturación, destaca o nome dunha única muller, Almudena Suárez Cerviño, que leva anos colaborando coa diocese na celebración da Palabra (non pode oficiar misa formalmente, pero si celebrar a Palabra e dar a comuñón previa consagración por parte dun sacerdote).

Desde este 1 de setembro, Almudena Suárez é a encargada durante os próximos 6 anos de dirixir a celebración da Palabra “en ausencia de presbítero” nas parroquias de Santa María de Salceda, San Xurxo de Salceda, San Martiño da Picoña, Santo Tomé de Parderrubias, Santos Xurxo e Pastor de Entenza, San Vicente de Soutelo e Santo Estevo de Budiño, todas no arciprestado da Louriña. Neste caso, a diocese autoriza a un segrar a atención dominical dunha comunidade, cando está “suficientemente preparado para levar a cabo unha celebración da Palabra e distribución da comuñón”, cando non está dispoñible un presbítero que poida encargarse da eucaristía.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...