InicioPolíticaO recibo do lixo sobe en Vigo e desata a batalla política

O recibo do lixo sobe en Vigo e desata a batalla política

O Concello acusa á Xunta do incremento do 69 % no canon de Sogama, e o PP replica que é consecuencia dunha lei estatal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A subida do recibo do lixo en Vigo xerou un enfrontamento entre o goberno local socialista e o grupo municipal do PP. Os populares acusaron ao alcalde, Abel Caballero, de aplicar un “sablazo” aos petos da cidadanía, mentres que o concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, replicou que o incremento responde ao aumento do canon de Sogama, dependente da Xunta, que pasou de 61 euros por tonelada en 2023 a 104 euros en 2025, un 69 % máis.

Aneiros sostivo que a responsabilidade é do Executivo autonómico e non do Concello, e asegurou que se a Xunta reducise ou eliminase o canon, o recibo de lixo baixaría “automaticamente”. Criticou ademais que o PP “sempre” defende á administración galega antes que á cidade, e lembrou que en concellos gobernados polos populares, como Lalín ou Ferrol, tamén se están aprobando subas de impostos.

Pola súa banda, o portavoz do grupo municipal do PP, Miguel Martín, insistiu en que o incremento do recibo responde a unha lei estatal que afecta a toda España e, polo tanto, atribuíu a responsabilidade ao Goberno central. Engadiu que a Xunta asumiu o 60 % da subida do canon e que o Concello tamén se beneficiou desa axuda, algo que, dixo, o executivo vigués non explica.

Martín criticou ademais que o goberno local non puxese en marcha medidas propias para minorar o impacto da subida, como asumir parte do incremento con recursos municipais ou rebaixar outros impostos para compensar ás familias. Nese sentido, acusou a Abel Caballero de incumprir o compromiso de buscar fórmulas para aliviar o impacto da taxa nos petos dos vigueses.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...