InicioPolíticaO BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

Abel Caballero negouse a facer en Vigo o que si fixo a Deputación presidida por Carmela Silva, retirando o busto do Pazo provincial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada “permanente e definitiva” do busto de Juan Carlos I no acceso principal do Consistorio, aproveitando que a escultura foi retirada para realización dunhas obras.

O portavoz nacionalista no Concello olívico, Xabier Pérez Igrexas, pediu que o busto non volva a ese lugar, “ante os graves delitos que envolven a figura do monarca emérito” e asegurou que “unha ampla maioría social de Vigo non comprende que clase de honra merece un monarca que defrauda ao propio sistema tributario”.

“Non é de estrañar que nunha institución arcaica, obsoleta, antidemocrática e erixida sobre o privilexio de nacemento considérense a si mesmos impunes”, sinalou o edil nacionalista, que lembrou que o seu grupo propuxo a retirada do busto e cambiar o nome de Praza do Rei, pero que PP e PSOE votaron en contra.

“Abel Caballero negouse a facer en Vigo o que si fixo a Deputación presidida por Carmela Silva, retirando o busto do Pazo provincial, e impediu que Vigo deixase de renderlle homenaxe no seu rueiro ao monarca fuxido, como fixo a cidade de Pontevedra”, subliñou.

ÚLTIMAS

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...