InicioVigo e contornaVigoCríticas do PP a Caballero: “máis medidas e menos propaganda" para frear...

Críticas do PP a Caballero: “máis medidas e menos propaganda” para frear a “caída libre” de Peinador

Todo isto despois de que perdese un 6,5% de viaxeiros en xullo, quedándose nos 104.160 pasaxeiros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, “máis medidas e menos propaganda” para frear a “caída libre” do aeroporto de Peinador, despois de que perdese un 6,5% de viaxeiros en xullo, quedándose nos 104.160 pasaxeiros. Respecto diso, o concelleiro ‘popular’ Fernando González Abeijón apuntou cara á “sangría” que padece a terminal olívica, mesmo en “pleno verán”, dirixindo as súas críticas tamén cara a Aena.

“Nin o alcalde de Vigo nin o Ministerio de Transportes tomaron unha soa medida ante esta situación. Permanecen como meros espectadores mentres o noso aeroporto está a piques de quedar sen a súa única ruta internacional”, lamentou Abeijón, alertando de que a conexión con Bilbao vai desaparecer “en cuestión de días” e os voos a Mallorca “quedarán reducidos ao mínimo” tras a tempada alta. Tamén desde o PP apuntaron cara aos “recortes” experimentados por outras liñas directas como Menorca, Eivissa ou Tenerife.

Por iso, o grupo municipal do PP de Vigo preguntouse se Caballero, quen “antes sempre presumía dos datos de Peinador”, ten agora “algún plan” ante esta “caída libre”. “O aeroporto xa non opera a mercado como destacaba el?”, criticou. Ademais, reprochoulle que na última Feira Internacional de Turismo (Fitur), o rexedor “nin sequera mantivese reunións con compañías aéreas”, o que supón “ou ben un deixamento absoluto ou unha falta de profesionalidade total”.

ÚLTIMAS

“O Concello aínda ten moitos deberes”: o PP esixe a Caballero os proxectos completos do Mundial 2030

A candidatura de Vigo para converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol de...

Salvan a vida dun estibador que sufriu unha parada cardíaca nun barco en Vigo: varias descargas dun desfibrilador lograron recuperar o seu pulso

Nunha parada cardíaca, os primeiros minutos poden marcar a diferenza entre a vida e...

Vigo cruza peticións de dimisión: o PP reclama cesar a Pardo e o PSOE apunta a tres conselleiros da Xunta

O futuro do transporte público de Vigo converteuse nun novo motivo de confrontación entre...

Alacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de subvencións do Concello de Vigo

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente de contratación para a...