InicioSociedadeA forense decide que o detido polo crime do Porriño non está...

A forense decide que o detido polo crime do Porriño non está en condicións de declarar e seguirá hospitalizado

Cómpre lembrar que unha persoa detida ten que ser posta a disposición xudicial nas seguintes 72 horas da súa detención, segundo recolle a Constitución Española.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A forense determinou este xoves que o detido polo crime do Porriño non está en condicións de declarar ante a xuíza, debido a que continúa ingresado na Unidade de Psiquiatría do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmaron que a xuíza do Tribunal de Instancia do Porriño, praza 1, decretou a posta en liberdade do detido e oficiou á Unidade de Psiquiatría na que se atopa que, con carácter previo ao outorgamento do alta hospitalaria, se lle comunique esa decisión, a efectos de valorar a pertinencia de ordenar a súa inmediata detención, sen que chegue a abandonar a planta na que se atopa internado.

Cómpre lembrar que unha persoa detida ten que ser posta a disposición xudicial nas seguintes 72 horas da súa detención, segundo recolle a Constitución Española. Unha vez se lle vaia a dar o alta, valorarase novamente a súa capacidade para declarar ante a xuíza, xa que a forense decidiu que este xoves non está en condicións de facelo. Todo iso tras a morte violenta de Teresa, unha traballadora do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Porriño, a mans, presuntamente, do marido da anciá á que coidaba, que padece unha enfermidade mental. O home foi detido o martes na casa onde se produciron os feitos, sendo trasladado á Unidade de Psiquiatría do Cunqueiro, onde permanece ingresado.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...