InicioVigo e contornaVigoComeza a instalación do alumeamento de Nadal en Vigo que contará con...

Comeza a instalación do alumeamento de Nadal en Vigo que contará con case 12 millóns de luces led

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a xogar co misterio, indicando que o día do aceso é case un "segredo de Estado", porque "marca o inicio do Nadal en todo o planeta".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo iniciou este mércores a instalación da súa iluminación de Nadal, que contará este ano con case 12 millóns de luces led para iluminar unhas 460 rúas da cidade.

Así o anunciou o alcalde, Abel Caballero, nun acto levado a cabo na Porta do Sol da urbe olívica, onde estivo acompañado, entre outros, polo concelleiro de Festas Especiais, Anxo Rivas, e pola primeira tenente de alcalde, Carmela Silva.

Segundo o rexedor, as próximas festas do Nadal serán as máis grandes da historia de Vigo. “Imos pulverizar o dato de visitantes”, reivindicou, anunciando que as luces se estenderán á zona de Vialia, a Urzáiz e a Bouzas.

Así, o Nadal de Vigo chegará a unhas 40 rúas máis que o ano pasado. Uns 7.000 motivos ornamentais engalanarán distintas zonas da cidade. “Comezamos xa a montaxe porque todo está medido, estudado, planificado e organizado. Non hai improvisación e xa traballamos no Nadal de dentro de dous e tres anos”, apuntou Caballero.

Como novidade, o alcalde indicou que se mellorará a experiencia do turista con rutas planificadas, co obxectivo de poder optar por distintos itinerarios segundo os días que dure a viaxe.

Abel Caballero volveu a xogar co misterio, indicando que o día do aceso é case un “segredo de Estado”, porque “marca o inicio do Nadal en todo o planeta”.

Sobre o retorno económico do Nadal de Vigo, Caballero estimou que supón uns 800 millóns de euros polos preto de 6,3 millóns de visitantes. “Hai algo que é incalculable, que é o valor da imaxe de marca que xeramos en Vigo co Nadal”, concluíu.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...