InicioSociedadeO IES Valadares consegue o reforzo docente que reclamaba días despois da...

O IES Valadares consegue o reforzo docente que reclamaba días despois da dimisión da súa dirección

En concreto, a partir de setembro incorporarase ás aulas un orientador a maiores do que xa tiña o centro e un especialista en Pedagoxía Terapéutica, "a máis do cadro de profesorado que lle corresponde por catálogo segundo o número de alumnos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O director territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP na provincia de Pontevedra, César Pérez, confirmou o reforzo docente do IES Valadares, en Vigo, para o próximo curso, despois de que a dirección deste instituto presentase a súa dimisión por “falta de recursos” para atender a alumnos con necesidades.

Así o sinalou Pérez tres reunirse este martes co novo director do centro, trasladándolle ao novo responsable, que ata agora ocupaba o cargo de xefe de estudos, que a partir de setembro incorporarase ás aulas un orientador a maiores do que xa tiña o centro e un especialista en Pedagoxía Terapéutica, “a máis do cadro de profesorado que lle corresponde por catálogo segundo o número de alumnos”. Ademais, nun comunicado, o director territorial sinalou que o seu departamento avaliará a posibilidade de ampliar a xornada completa a dedicación do docente de reforzo do programa PROA.

Para César Pérez, o encontro co novo director do IES Valadares foi “moi frutífero”, reivindicando o compromiso da Xunta con este centro que é “un referente de inclusión” en Vigo. Por iso, tamén se comprometeu a avaliar a demanda do instituto de mellorar as instalacións do taller de arte. Todo iso días despois de que a dirección do IES Valadares presentase a súa dimisión pola “falta de recursos” para atender aos alumnos con necesidades especiais, lanzando fortes críticas á Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...