InicioMedio Ambiente e PatrimonioA homenaxe ás vítimas do franquismo na illa de San Simón urxe...

A homenaxe ás vítimas do franquismo na illa de San Simón urxe a súa declaración como lugar de memoria

A Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) insiste en pór fin á realización en San Simón de actividades lesivas coa memoria das vítimas, como os recentes festivais de bachata ou o Sinsal, autorizados polo goberno da Xunta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) celebrou este domingo na illa de San Simón, onde reuniu a ao redor de 500 persoas, o acto anual de homenaxe nacional ás vítimas do franquismo e ás persoas presas na illa de San Simón entre outubro de 1936 e marzo de 1943. A asociación quixo vindicar, co evento deste ano, a loita antifranquista como “contrapunto ao auxe de ultradereita” en Europa, ademais de “urxir” ao Estado a anunciada declaración da illa como lugar de memoria.

Unha trintena de asociacións e representantes do colectivo estatal A Comuna partiron ao longo da mañá do porto de Cesantes, en Redondela, para asistir ao acto. Alí, o arqueólogo e investigador Xurxo Ayán foi o encargado da intervención central, que levou por título ‘Tsunamis neofeixistas e illas de memoria’. Ademais, para dar voz ás familias dos presos, este ano tomou a palabra Mariña Paz, bisneta do impresor Ramiro Paz, fusilado en Pontevedra o 12 de novembro de 1936.

DECLARACIÓN DE MEMORIA HISTÓRICA

Co encontro deste ano, IGM insistiu ao Goberno central na urxencia de declarar San Simón como lugar de memoria. Segundo lembra a asociación, foi a mesma a que realizou os trámites esixidos pola lei para tal recoñecemento ao obxecto de que sirva para pór fin á realización en San Simón de actividades lesivas coa memoria das vítimas, como os recentes festivais de bachata ou o Sinsal, autorizados polo goberno da Xunta.

O goberno estatal fixo público que o faría este mesmo ano e a entidade promotora aínda non obtivo ningún tipo de resposta oficial nin oficiosa. A convocatoria deste 2025, tal e como recolle IGM, vén tamén marcada pola polémica xurdida no principio do ano, cando un deputado do Goberno galego negou a existencia de mortes durante o tempo en que a illa foi cárcere.

ÚLTIMAS

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...

UXT ve “desproporcionada” a sanción a unha vixiante do Cunqueiro de Vigo por darlle unha labazada a un paciente agresivo

A Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo de UXT (FeSMC-UXT) cualificou como "desproporcionada" a...

Alertan do aumento dos discursos de odio cara as persoas sen fogar en Vigo

A Fundación Érguete-Integración alertou este venres do aumento da aporofobia en Vigo e reclamou...