InicioEconomíaO tráfico de mercadorías do Porto de Vigo rexistra nova marca histórica

O tráfico de mercadorías do Porto de Vigo rexistra nova marca histórica

Botana puxo en valor o incremento "imparable" dos vehículos movidos en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo pechou o primeiro semestre deste ano con novas “marcas históricas”, segundo apuntou o seu máximo responsable, Carlos Botana, que celebrou que a terminal olívica movese entre xaneiro e xuño uns 2,6 millóns de toneladas de mercadorías, un 2% máis que no mesmo período de 2024.

Isto supón, segundo dixo, o mellor rexistro da súa historia nun primeiro semestre, destacando especialmente o movemento de mercadorías en colector, que se elevou ata os 1,2 millóns de toneladas, un 12,3% máis que un ano antes.

Botana puxo en valor o incremento “imparable” dos vehículos movidos en Vigo. Durante o primeiro semestre do ano contabilizáronse un total de 348.430 unidades, un +3,6% máis que no mesmo período do ano anterior, e unha cifra nunca antes alcanzada en Bouzas, o que sitúa a Vigo como o primeiro porto do Atlántico e o 6º de Europa en movemento de coches.

Noutra orde de cousas, o consello de administración do Porto celebrado este venres aprobou o Plan de Empresa 2026, destacando no mesmo dous puntos importantes que quedan reflectidos na Análise DAFO: por unha banda, a ameaza das políticas pesqueiras europeas “moi restritivas” que afectan o sector, en especial á pesca de arrastre e, por outro, a oportunidade que supón o acordo de crear un grupo de traballo con Portos do Estado, a Autoridade Portuaria e o resto de administracións, para promover a inclusión do Porto de Vigo na rede básica da Rede Transeuropea de Transportes.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...