InicioEconomíaPiden novas prazas para o Olimpia Valencia e manter o uso actual...

Piden novas prazas para o Olimpia Valencia e manter o uso actual do Nicolás Pena

Así llo trasladaron tras un encontro celebrado este pasado xoves, no que solicitaron que se manteña o uso actual do Nicolás Pena e que se ofreza o traslado voluntario ao persoal interesado dos centros limítrofes máis saturados ou con problemas de espazo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Comisión de Centro de Atención Primaria da área Sanitaria de Vigo presentou oficialmente á Xerencia as súas alegacións sobre o Plan Funcional do novo centro de saúde Olimpia Valencia da cidade olívica, solicitando que este ambulatorio se dote con prazas de nova creación e non a partir do peche doutras dúas instalacións (Nicolás Pena e López Mora).

Así llo trasladaron tras un encontro celebrado este pasado xoves, no que solicitaron que se manteña o uso actual do Nicolás Pena e que se ofreza o traslado voluntario ao persoal interesado dos centros limítrofes máis saturados ou con problemas de espazo.

Tamén rexeitaron a concentración da Pediatría en dito novo centro de saúde, ao considerar que suporía un cambio de modelo na Atención Primaria.

Agora, a Xerencia valorará estas alternativas, esperando os sanitarios que sexan tidas en conta, xa que supoñen “un menor impacto nas condicións laborais do persoal, permiten manter a estrutura actual da Atención Primaria e contribúen a mellorar realmente a calidade asistencial”.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...